ÉRASE UN NADAL

Xa están as vacacións de Nadal petando na porta, e este ano na trastenda imos crear e divertirnos como nunca. Non faltaran os contos de feito serán os protagonistas do Nadal, todos los días un conto ou dous, quizás contaremos hasta tres, porque cando empezamos a coñecer novas historias atrápannos e queremos máis e máis.
Deixarémosnos sorprender con novidades como ” UN LEÓN DENTRO”, “LA PASTELERIA”, ” LA RANA DE TRES OJOS” ” EL INTERROGANTE GIGANTE”…e clásicos da nosa trastenda como “A MÁSCARA DO LEÓN”, “AMIGOS”, ” EL GRÚFALO”…
E ademais da lectura teremos tempo para compartir xogos, risas, aprendizaxes… e sacaremos o noso lado mais creativo ; CADA DÍA faremos UN OBRADOIRO, partiremos cun obxectivo: a concretización dunha idea, e con  materiais definidos iremos tirannnnndo do fío, unindo ideas, deseñando, deixándonos fluír na imaxinación, decidindo e asi desenrolaremos a noso lado máis creativo. Úneste?
OBRADOIROS CREATIVOS:
O VENRES 22, comezamos  CREANDO  UNHA PEZA UNHA ARTESA QUE LUCIRA NAS VOSAS CASA ESTE NADAL. ¿Como crearedes a vosa peza? Ide pensando…
O MARTES 26 e O MARTES 2; Inspirarémonos nos cadernos de César Fernández Arias e mancharemos as mans creando, modificando obxectos que nos gustaría que houbera no mundo. Todo un reto.
E chegamos o MÉRCORES  27 e O MÉRCORES 3, días perfectos para un obradoiro de dozura. Galletas, magdalenas… que saberán a gloria porque estarán feitas con moito amor polxs vosxs peques.
Os XOVES 28 e O XOVES 2, será o momento para que os contos tomen vida, xa que CREAREMOS mascaras dos personaxes e pasarémolo en grande representando as  historias.
E todo o bo chega o seu fin para deixar paso a novas vivencias, por iso remataremos os obradoiros de Nadal CREANDO O NOSO LIBRO, un libro que poderá ter formas diferentes O VENRES 29 e O VENRES 5 enredaremos no obradoiro “UN SINFÍN DE LIBROS”
Este Nadal ven a gozar lendo, escoitando, debuxando, construíndo, VEN A CREAR NADAL.