ÉRASE UN VERÁN…

publicado en: Actividades | 0

Aquí deixámosvos as tarifas para este verán, como veredes tedes diferentes opcións; o noso obxectivo é facilitarvos o máximo posible a conciliación ou respiro familiar.

 

RESPOSTAS A POSIBLES DÚBIDAS: 
Como sabedes o prazo de inscrición é do 15 ao 31 de maio, (tamén se poderá facer a través da web)
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, en menos de cinco días saberedes se tedes praza ou non.
É dicir, o 5 de xuño confirmarémosvos a praza.

Logo é moi IMPORTANTE para mantela facer o PAGO DE RESERVA: Do 5 ao 10 de xuño. Este pago consiste na metade do importe do mes de xullo e o total do mes de xuño(se é o caso)
Logo teredes ata o 30 de xuño para pagar a outra metade.
E coas prazas de agosto a dinámica é a mesma:O PAGO DE RESERVA da praza de agosto é ata o 15 de xullo, consiste na metade do importe do mes de agosto. Logo antes do 31 de xullo haberá que pagar a outra metade da importe.E o mes de setembro pagarase antes do 31 de agosto.

De forma máis visual: 

Lembrámosvos para cando fagades os cálculos que se son dous irmáns, á cota dun deles aplícaselle o 10 % de desconto.

Se por algunha circunstancia precisades cambiar os días concretados na inscrición ou algún día puntual poderase facer sempre que haxa praza e dentro do mesmo mes. Se non houbese praza para cambiar o día, non sería posible facer o cambio.Non se devolverá o importe dos días que non poida vir ( salvo enfermidade*), xa que as prazas son limitadas e está reservada para esx nenx.

*En caso de enfermidade, e cando x nenx non participe o 50% dos días contratados só se devolverá o 50 %  do abonado para cubrir os gasto de ocupación da praza.

 

E polo momento nada máis, calquera aclaración que necesitedes estaremos encantadxs de resolvela.

 Saúdos